Cando cheguei ao Grupo 24 Horas, só pensaba que era unha borracha, cousa que quixen tapar dende que me din conta de que tiña un problema cá bebida. Ser unha borracha era para min como ser a escoria da humanidade.

Esta idea de ser unha persoa bébeda estivo sempre na minha cabeza, sobre todo cando vía ao meu tio (outro borracho), ao que xulgaba e aínda dabame asco. Pouco maxinaba que tamén era un enfermo alcohólico. Eu viame diferente, daquela aínda non bebera, incluso acordo que a xente decíame: “Bebe algo, filla, que é o Nadal”. Ora ben, a min non me sabía.

Nembargantes, todo cambiou aos 21 anos. A vida sonreíame, coidaba eu, independente, todo o que non vivira ata entón, iba vivilo. Empezaron as saídas os sábados, os primeiros contactos co alcohol; descubrín que para unha persoa tan chea de complexos coma min, o alcohol dabame esa forza para facelo que quixera, sen medo a ser xulgada polos demais.

Pouco a pouco o contacto ca bebida foise facendo máis e máis grande, ata que a xente comenzou a decirme: cuidado, estaste a pasar. Pero para min era o normal, era xoven. Agora ben, eso era o que eu decía, mais a verdade e que xa me decataba de que algo non ía ben: empecei a beber as escondidas, as borracheiras comenzaron a ser xa diarias. Érame máis fácil o alcohol para olvidar os problemas: cunhas copas enriba, todo tiña solución.

Acabei sóa, sen ganas de nada; todo ao meu rededor derrubábase aos poucos. Intentei cambiar de cidade, por si ese era o problema, e nada: aos poucos, xa estaba outra vez na mesma situación, bebendo sen parar todolos días. Sí vía coma me estaba a destruir, pero era incapaz de deixar de beber. Cansa da vida que levaba, pensei turrar polo caminho fácil, beber ata “arrebentar”, algo que eu semellaba fácil pois xa non tiña ganas de vivir, só quería morrer. As veces pedíalle a Deus que me levara pero sen sufrir. E un día, nas últimas, alguén me dixo: Hai un sitio, Alcohólicos Anónimos.

E así cheguei, non desexando deixar de beber, pensaba que xa era tarde. Con todo, ainda había para min unha posibilidade, así o vexo o dia de hoxe (o meu Poder Superior gardoume esa oportunidade).

Cando crucei as portas do Grupo 24 Horas de A.A., acordo que de todo o que escoitei o que me quedou grabado na cabeza foi: “Eres un privilexiado, podes vivir unha nova vida…” E así foi, esa promesa que me fixeron, estánma a cumplir: á parte de deixar de beber, regalaronme unha vida nova.

Gracias!

Movimiento Internacional 24 Horas de Alcohólicos Anónimos